Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 10/03/2025 | Actualizada ás 11:39
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, avanzou en Toques que o Executivo central destinará 23 millóns de euros para mellorar a conexión á rede 5G en 181 concellos do rural galego. Unha rede que segue tendo numerosos problemas para ser usada no país.
Este investimento correspóndese á segunda adxudicación do Programa UNICO 5G Redes Activas, do Ministerio para a Transición Dixital, que o delegado avanzou en Toques, como un dos municipios que se benefician desta última convocatoria.
Pedro Blanco destacou o beneficio que esta segunda fase do programa representa para máis de 35.000 galegos que viven nun total de 181 concellos, todos eles de menos de 10.000 habitantes. Neles levarán a cabo 391 actuacións de mellora nas infraestruturas da rede para adaptalas ás comunicacións 5G, ou ben instalacións novas no caso de ser necesario.
Por provincias, A Coruña recibirá 9,3 millóns de euros para 98 proxectos, repartidos en 51 municipios; Lugo, 5,7 millóns para 122, repartidos en 50 municipios; Ourense, 4,7 millóns para 75 proxectos, repartidos en 52 municipios, e Pontevedra, 3,3 millóns de euros para 96, repartidos en 28 municipios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.