Piden declarar ao xabaril como "plaga" en Galicia

A Asociación de Prexudicados pola Fauna Salvaxe de Galicia (Aperfasa) denuncia que se triplicaron os danos producidos polo porco bravo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/03/2025 | Actualizada ás 09:45

Comparte esta noticia

A Asociación de Prexudicados pola Fauna Salvaxe de Galicia (Aperfasa) alerta dunha "preocupante actitude ante o xabaril" e pide á administración que o declare como "plaga" polos efectos que a súa presenza está tendo tanto no rural como nas estradas galegas.

Xabaríns
Xabaríns | Fonte: GENCAT - Arquivo

Esta entidade destaca que nos últimos tempos triplicouse o aumento de danos a cultivos e que "só se mata ao 10% da poboación". "Os datos falan de que hai 180.000 porcos bravos en Galicia e captúranse 18.283. Con esta porcentaxe, a poboación segue crecendo exponencialmente", di.

Aperfasa di que os danos van a máis e as capturas "son máis que insuficientes" para rebaixar a poboación. Ademais, apunta  que os cazadores non queren cazar en época de cría e os sindicatos son optimistas. Por iso, insiste en considerar este animal como "plaga".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta