Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2025 | Actualizada ás 18:01
As curtas forestais realizadas en Galicia durante 2023 foron 98.944, de forma que é o primeiro ano no lustro no que non se alcanzan as 100.000, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (ofrece cifras nesta materia desde 2019). Deste xeito, as curtas forestais redúcense un 13,6 % fronte ás 114.560 realizadas en 2022, polo que rompe con dous anos consecutivos de tendencia alcista (2021 e 2022). O dato de 2023 queda lonxe da cifra prepandemia das 124.996 curtas de 2019.
Igualmente, o volume destas tallas de árbores tamén se contrae en 2023: foron 8,9 millóns de metros cúbicos, neste caso un 15 % menos que en 2022. Ademais, as persoas que realizan curtas baixan a pouco máis de 30.000 (30.840), unha redución de 5.222 (-14,5 %) respecto dos máis de 36.000 do anterior exercicio. Do mesmo xeito que en anos anteriores, case a metade das persoas que fan aproveitamentos forestais son xubilados (con idade media de 74 anos destes pensionistas). A idade media dos que fan curtas en Galicia é de 64 anos. Por provincias, a repartición de persoas que fan tallas é o seguinte: A Coruña (11.429), Lugo (7.193), Pontevedra (5.839) e Ourense (3.661). A eles súmanse as 1.967 persoas de fóra de Galicia e 751 persoas xurídicas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.