Alerta ante unha posible proliferación do mildiu e o 'black rot' nas vides se suben as temperaturas

A Deputación de Pontevedra aconsellou extremar a vixilancia.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 02/05/2024 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra aconsellou extremar a vixilancia dos viñedos ante o mildiu e o 'black rot' debido á previsión do aumento das temperaturas. Así o fixo a través do boletín fitosanitario de Areeiro e recomendou tratar ante o mildiu as patacas e plantas de horta, xa que despois das choivas e coa subida das temperaturas producirase unha evaporación de auga do chan que favorecerá á aparición deste patóxeno nas plantas próximas ao terreo.

Segundo informou a Deputación, nestes días, Areeiro ten detectado diferentes situacións con respecto ao avance do mildiu. Por iso, advertiu da necesidade de extremar a vixilancia e, naqueles predios nos que haxa maior incidencia de síntomas, renovar o tratamento canto antes. A humidade elevada e as temperaturas altas favorecen a aparición de 'black rot' nas vides polo que Areeiro aconsella "estar moi pendentes" e, naqueles predios con historial de danos por este patóxeno, utilizar funxicidas rexistrados para controlalo.

Vide con mildiu
Vide con mildiu | Fonte: Deputación de Pontevedra

Varias manchas de 'black rot' nunha vida
Varias manchas de 'black rot' nunha vida | Fonte: Deputación de Pontevedra
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta