Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/04/2024 | Actualizada ás 21:00
Case 540.000 coches (o 34% do parque móbil galego) veríanse afectados polas novas limitacións ambientais se Galicia seguise os pasos de Cataluña, onde para 2028 nas áreas ZBE (Zonas de Baixas Emisións) implantaranse restricións de circulación aos coches con etiqueta ambiental B.
Segundo datos do portal especialista en VO de Sumauto, a partir de datos da DGT, o 69% dos coches do país non poderán circular polas ZBE, sobre un total de parque de 1,6 millóns de turismos. Isto, sempre e cando aquí tamén se engadisen as novas restricións aos coches con etiqueta B ás limitacións de circulación xa existentes aos que non teñen distintivo ambiental. Co obxectivo de cumprir a Lei de Cambio Climático, esta normativa debe implementarse en 7 cidades galegas, afectando a un millón de persoas ou, o que é o mesmo, o 37% da poboación de Galicia.
Con case 222.000 coches con etiqueta B (o 41%) A Coruña sería a provincia galega máis afectada se se impuxesen novas restricións aos vehículos con distintivo B. A continuación, aparecería Pontevedra cun 35% (187.000 coches); Lugo cun 13% (71.000 coches); e Ourense cun 11% (60.000 coches).
A estatal, as ZBE afectarán a 149 municipios españois nos que residen máis de 25 millóns de persoas, é dicir, o 53% dos habitantes do Estado. Na actualidade e de acordo ás restricións xa coñecidas para os coches sen distintivo e ás próximas limitacións para os que teñen etiqueta B, a medio prazo o 59% do total de turismos que hai en España terían acoutada a circulación polas áreas de baixas emisións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.