Por Europa Press / Redacción | MADRID | 01/04/2025 | Actualizada ás 18:42
Os encoros galegos rexistran un total de 2.881 hectómetros cúbicos (hm3) e están ao 77,6% da súa capacidade tras gañar 1,9 puntos na última semana, segundo datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) recollidos por Europa Press.
Os encoros de Miño e Sil, os máis caudalosos, están ao 77,4%, cunha capacidade de 2.344 hm3, unha cifra inferior á do ano pasado a estas alturas (2.644 hm3), pero superior á media do últimos dez anos (2.275 hm3).
Por outra banda, a reserva de Galicia Costa rexistra un resultado similar, xa que se atopa ao 78,5% da súa capacidade, con 537 hm3 de auga. De novo, é menos auga da que contiña hai un ano, cando 602 hm3 enchían a demarcación. Neste caso, o almacenamento actual é inferior ao da década xa pasada (543 hm3).
Respecto dos datos do primeiro boletín hidrolóxico de marzo --publicado o día 4--, a capacidade está 1,2 puntos por baixo: a do Miño-Sil aumentou e a de Galicia Costa, diminuíu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.