Cidades Patrimonio defende un urbanismo máis sustentable e mellorar a calidade de vida nos centros históricos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2024 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

Unha delegación do grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade defendeu un urbanismo máis sustentable e mellorar a calidade de vida dos veciños dos centros históricos. Así o fixo no XVII Congreso Mundial da Organización das Cidades do Patrimonio Mundial, que se celebra en Córdoba ata o 27 de setembro, baixo o título 'Simposio sobre a Habitabilidade dos Centros Históricos. Cara a un novo proxecto urbano (2022-2026)'.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presidenta do grupo, detallou que no Congreso están a tratar cuestións de "absoluta relevancia a nivel mundial". As cuestións, detallou, teñen que ver coa mellora da calidade urbana, coa habitabilidade das cidades, a reformulación da mobilidade, a renaturalización dos espazos urbanos e a loita contra a emerxencia climática.

"Para o Grupo de Cidades Patrimonio é moi interesante participar neste tipo de foros onde se reflexiona, se debate, danse ideas e alternativas e onde se contrastan experiencias", sinalou a rexedora compostelá.

Por iso, deben ter "un papel activo" achegando o seu "gran de area" nesas reflexións co foco posto na responsabilidade engadida que teñen en canto á protección e preservación do patrimonio das cidades.

Pola súa banda, o alcalde de Córdoba, José María Bellido, incidiu en que o futuro das cidades Patrimonio Mundial "débese de basear" en eixo fundamentais como a sustentabilidade, a xestión eficiente de recursos naturais e a promoción de enerxías renovables.

Santiago participa nun proxecto europeo para reforzar a sustentabilidade das cidades Patrimonio Mundial. CONSORCIO DE SANTIAGO
Santiago participa nun proxecto europeo para reforzar a sustentabilidade das cidades Patrimonio Mundial. CONSORCIO DE SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta