Diego As, consagrado muralista, autor do cartel de Pardiñas

O artista lucense é responsable dun dos maiores atractivos urbanos de Lugo, o seu espectacular mural de Julio César, fronte a muralla. Foi considerado o mellor graffiti do mundo no 2021 polo portal Steet Art Cities.

Por Galicia Confidencial | Guitiriz | 14/07/2024 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

O autor do cartel anunciador da 45 edición do Festival de Pardiñas é Diego As, un artista de talla internacional e responsable dun dos maiores atractivos urbanos de Lugo, o seu monumental mural de Julio César.

Cartel de Pardiñas 2024. Obra de Diego As.
Cartel de Pardiñas 2024. Obra de Diego As.

O artista, que naceu en Lugo no 1989, ten formación en artes gráficas, serigrafía e grabado artístico superior. A partir de 2015 dirixiu o seu camiño profesional cara a súa vocación, os traballos murais, pero tamén pinta noutros formatos, en cadros ou outros soportes onde o artista desplega toda clase de estilos.

Foi evolucionando, din dende a organización de Pardiñas, "do graffiti máis ilegal e da firma na rúa a un muralismo máis artístico, consentido e traballado durante días". Pola súa parte, Diego As revela que "he tenido que pagar sólo dos multas, corría bien"... "hay puertas en las que pintábamos grafitis que luego nos han llamado para quitarlos y pintarlas bien".

A imaxe gráfica de Pardiñas 2024 está cargada de simbolismo. Unha man ergueita que sae da terra suxeitando unha pandeireta representa a forza da terra e da música tradicional, e o ambiente escuro de fondo evoca as noites dos festivais.

O XLV Festival de Pardiñas será do 2 ao 4 de agosto.

Festival de Pardiñas. Foto: Xosé A. Arias
Festival de Pardiñas. Foto: Xosé A. Arias

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta