Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2024 | Actualizada ás 15:05
Galicia é a comunidade autónoma de España con mellor nivel de inglés e sitúase no nivel alto a nivel mundial, segundo determina o estudo que anualmente realiza Education First (EF). Segundo este informe, a comunidade autónoma galega obtén 564 puntos, o que a coloca no primeiro posto de España e 13 puntos por enriba da segunda, que é Madrid (551 puntos), 18 puntos por encima de Cataluña (que está en cuarta posición, con 546 puntos) e 19 máis que País Vasco (en quinta posición, con 545 puntos).
Ademais, Galicia colócase no nivel alto da táboa entre os 116 países analizados por EF-EPI, fronte ao nivel medio no que se sitúa España, con 538 puntos. Tamén está moi por enriba (87 puntos máis) da media mundial, de 477. A comparativa co estudo de 2023 tamén arroxa unha dinámica positiva de Galicia, xa que sobe cinco puntos e escala da segunda á primeira posición estatal. Os datos do estudo de EF-EPI son o resultado da realización de test a 2,1 millóns de persoas de 116 países e rexións de todo o mundo, dos cales o 54 % foron mulleres e os 46 % homes, cunha idade media de 26 anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.