O Mundial de fútbol 2030 acende os localismos en Galicia

A Xunta comprometese a apoiar as candidaturas que se presenten. Vigo formalizara a súa petición á que se suma, agora, A Coruña.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/07/2024 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

O Mundial de fútbol 2030 que se celebrará en España, Portugal e Marrocos volveu acender os localismos en Galicia. E é que tras a decisión hai xa meses de Vigo de presentar candidatura para acoller partidos desta competición, súmase agora a da Coruña, impulsada  polo seu novo presidente e dono de Abanca, Juan Carlos Escotet.

Copa do Mundial de Fútbol
Copa do Mundial de Fútbol | Fonte: RTVE

Unhas candidaturas que teñen que ser aínda avaliadas e aprobadas pola FIFA e que, entre as condicións, inclúen importantes melloras nos estadios que se candidaturen, sobre todo, en número de aforo. Actualmente, Balaídos conta con case 25.000 prazas e Riazor, con 32.000. Os estándares FIFA recomendan máis de 45.000 prazas.

Por iso, as cidades de Vigo e A Coruña necesitarán axudas importantes para adapatar os seus estadios a esta cita internacional. E, polo momento, só contan co apoio financeiro dos concellos. A Xunta, polo momento, matén certa prudencia. 

Precisamente, e preguntado a este respecto, o vicepresidente e conselleiro da Presidencia, Diego Calvo, destacou que o Goberno galego apoia as dúas candidaturas. Ata o momento, a de Vigo xa pasou a primeiro visto e bo e queda a da Coruña, que entrou a última hora nesta petición. "Se a da Coruña sae adiante contará co apoio da Xunta, igual que xa conta a sede de Vigo", dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Con todo, desde a Xunta advirten do financiamento de arranxos nos estadios. "Se España pode celebrar un Mndial non pode ser que o paguen concellos, deputacións e autonomías. Supoño que o Goberno central tamén terá que aportar. Agardemos que a nova etapa de diálogo comece a funcionar e Galicia teña unha sede", apuntou Calvo.

"AS CANDIDATURAS SON DOS CONCELLOS"

Diego Calvo evitou este luns entrar nas distintas polémicas que rodean ás candidaturas da Coruña e Vigo para ser sedes do Mundial de Fútbol en 2023, que se celebrará entre España, Portugal e Marrocos.

"É un proceso no que as candidaturas son dos concellos", recalcou. Neste contexto, a Xunta insiste en que a este proceso "non se podía presentar ninguén que non fose un concello". "No caso de Galicia, tivemos a sorte de que houbo dúas que se presentaron", asegurou o conselleiro, quen por tanto recalca que foron os gobernos locais os que tiveron que "levar esa candidatura" e "ter o diálogo coas organizacións e os equipos correspondentes para que non haxa malentendidos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Lagarteiro

Non queremos fútbol nos campos municipais de corruptos empresarios. Queremos vivendas asequíbeis, traballos dignos, sanidade pública e servizos sociais incrementados considerábelmente, para a maioría das persoas que viven en Galiza. Non vivimos do futbol, É secundario nas vidas das persoas.