As galegas conxelan cada vez antes o seus óvulos, conscientes do impacto da idade na fertilidade

Os expertos consideran que aínda queda moito por facer no ámbito divulgativo.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/06/2024 | Actualizada ás 10:22

Comparte esta noticia

Este catro de xuño é o Día Mundial da Infertilidade e segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), unha de cada seis persoas presenta problemas para ser fértil. Ademáis dos diferentes problemas de saúde que poidan propiciar este escenario, está o inevitable retraso da maternidade por razóns sociais, segundo IVI RMA Global. Só na última década, os bebés nados de nais maiores de 40 medrou case un 20% sendo xa o 11% dos nacementos, tal e como amosan os últimos datos provisionais publicados recentemente polo Instituto Nacional de Estatística. 

Técnica conxelar óvulos
Técnica conxelar óvulos | Fonte: GETTY IMAGES

É unha realidade que cada vez se é máis consciente de que a partir dos 35 anos, a fertilidade comeza a ir en caída libre e son xa moitas as mulleres que optan por preservala conxelando os seus óvulos para empregalos máis adiante, cando consideren que o seu momento vital é máis adecuado. Desta maneira, poderán dispór dos seus ovocitos coa capacidade reproductiva do momento no que os conxelaron e coas mesmas posibilidades de éxito. Esta tendencia é un feito, xa que nos últimos cinco anos, IVI rexistrou o aumento dun 63% no número de pacientes que decidiron vitrificar os seus óvulos por motivos sociais. 

"Ademáis dese aumento, cabe destacar a baixada progresiva da media de idade á que estas mulleres deciden preservar a súa fertilidade. Isto reflexa a crecente concienciación das mulleres do declive da súa fertilidade e da importancia de tomar medidas coma esta para non renunciar a ser nais no futuro cos seus propios óvulos", comenta o doutor Elkin Muñoz, director de IVI Vigo e A Coruña. O perfil máis común de paciente que decide preservar a súa fertilidade serían mulleres de preto de 35,5 anos de media, con profesionais relacionadas coa medicina, educación ou dereito. Son áreas que soen requerir moitos anos de estudo. 

O PROCESO DE VITRIFICACIÓN

Nun proceso de vitrificación, os óvulos consérvanse a 196º baixo cero en nitróxeno líquido, o cal garante a calidade dos gametos tanto como queiran manterse vitrificados. A conclusión é clara: o tempo é clave polo que respecta á fertilidade feminina en xeral e a vitrificación dos ovocitos en particular. Desde 2007, preto de 20.000 mulleres puideron preservar a súa fertilidade para ser nais nun futuro, xa sexa por motivos sociais ou médicos, grazas á técnica importada por IVI en España. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta