Por Xurxo Salgado | Compostela | 24/03/2025 | Actualizada ás 10:46
"Sen palabras, sen palabras. Foi durísimo non, o seguinte", deste xeito resume a ultrafondista Maite Rojo o reto que comezou xunto con Pablo Teijeiro en Oviedo ás sete da mañán do pasado venres; completar o Camiño Primitivo dunha tirada co obxectivo de visibilizar as enfermidades raras e adicarlle a carreira ao seu pai, que sofre unha complicada patoloxía, e a súa nai, que se encarga de coidalo.
O Camiño Primitivo é o máis difícil dos que chega a Compostela. Son 325 quilómetros con máis de 7.300 metros de desnivel. Unha proba xa dura para calquera camiñante que a fai por etapas, pero que para Maite resultou o seu máis complicado reto ata o momento. E iso que ten feito ultramaratóns moi, moi duras, como o esixente Spartatlon, que une Esparta e Atenas e para o que só se elixen aos mellores do mundo ou a Camiño dos Faros.
Pero este camiño foi moi diferente. A chuvia, o frío e o vento da borrasca Martinho fixo que ralentizara moito o ritmo e que estivera mesmo a piques da hipotermina. Maite tivo que afrontar temperaturas que baixaron aos 2º, e sensacións térmicas baixo cero, ventos de máis de 40 quilómetros, e moita chuvia que provocaron, ademais, que durante o último día tivera moitos problemas de bochas.
"TODOS SOMOS RAROS, TODOS SOMOS ÚNICOS"
E a pesar de toda, esta guerreira conseguir rematar a carreira, apoiada por un excelente grupo de amigos e amigas que axudaron en todo momento e acompañaron case todo o camiño. Sen eles, recoñece, sería imposible terminalo. E alí, no Obradoiro agardaba un grupo de incondicionais para agradecerlle ese bonito xesto que tivo cos que sofren, caladamente, non ter diagnósticos e bos coidados para as súas enfermidades raras.
Alí estaba Daniela, a pequena pontecesá con Síndrome de Rett, e por Marco, o cativo malpicán que padece enfermidade metabólica rara. Tiñan unha pancarta: "todos somos raros, todos somos únicos". E Maite non é que sexa rara, nin única. Sinxelamente, e doutro planeta. Así contaba as súas impresións ao final da carreira para Camiño dos Faros que seguiu desde o minuto 0 todo este reto:
"O primeiro día, o venres, tivemos bo tempo e respectounos só até a posta de sol. Saímos de Oviedo ás 7 da mañá e fixemos Salas e todo o demais con bo tempo, facendo as nosas paradas na furgoneta de avituallamiento e mantendo todo como o tiñamos previsto. Pero, a partir da noite uff, xa foi todo. Vento, choiva, vento do norte forte que cortaba a cara, uns refachos de veintipico, trinta nós de vento na montaña na parte alta, choiva, frío, e claro, de haber entre 2 e 4 graos de temperatura ao baixar a sensación térmica era de 0 e debaixo de 0.
Moi mal a noite, eu tiven que facer cambios de roupa 3 veces, estiven moi próxima de problemas serios coas mans de hipotermia, tiven que cambiar máis de 2 veces de luvas.
"ALUCINACIÓNS"
E logo, ao día seguinte, grazas a todos os mozos que viñeron, tanto Pablo como Dani, Kim e Domin que son ex-alumnos meus e que máis que os meus pupilos en atletismo son os meus amigos, que non dubidaron en vir apoiar igual que outras persoas me viñestes a axudar no Camiño dous Faros. Sen eles non seroía posible porque era de ter cousas quentes, de tentar ter sempre termos de café, andar sacando comida, andar axudándonos para vestirnos e para facer unha chea de cousas, porque eu ás veces non podía nin moverme.
O sábado pola mañá xa un pouco mellor, pero aínda moito frío. Fixemos metade de carreira ás 30 horas eu, Pablo fíxoo en menos. Amolados chegar até Fonsagrada e a esas alturas, seguiu chovendo toooodo o día. Tivemos auganeve, nevada, saraiba, moi mal, non nos axudou nada o tempo. Pola tarde escampou un pouco e pasamos a noite máis ou menos ben de meteoroloxía. Pero xa era a miña segunda noite e paseino moi mal co tema de non durmir. Tiven alucinacións, tiven que andar tomando moitísimo café, moitísimas cocacolas, todo o que me mantivese esperta, cousas con azucre. Non abandonar que esteas a comer cada hora, porque queimabas todo absolutamente porque estabamos mortos de frío. E bo, salvamos a noite como puidemos.
E o domingo xa foi modo superviviencia puro e duro. Tanto Pablo como eu tivemos problemas de bocha nos pés, de ter os pés cocidos de tanta auga, de tanta choiva. E isto fíxonos retardar moitísimo. Eu cada vez que tiña quqe cambiarme era como entre 35 e 45 minutos, porque era sacar 5 capas de roupa, aínda que queiras ir ao servizo, vuelvete a pór as 5 capas de roupa. Entón claro, así era imposible acelerar moitas veces e facer un avitullamiento curto. Eu estiven a contar que só cos cambios de roupa e coas poucas veces que fun ao servizo, porque facía tanto frío que ás veces non tiñas nin ganas de ir ao servizo, xa van fixo 3 ou 4 horas de atraso niso. E así pasamos a segunda noite.
"O ULTRAFONDO É PRECIOSO POLA XENTE QUE O RODEA"
Logo xa o domingo durante todo o día moi mal, moi lento. Eu cada vez que paraba na furgoneta preguntaba a ver se Pablo ía ben. Varios dos mozos que me viñeron a apoiar íanse turnando. Un dos mozos que ía facelo enteiro non puido seguir polo frío, púxose moi mal e non conseguía recuperarse. E entón, entre os outros compañeiros, para non deixarme soa nin de día nin de noite, fixéronse quendas entre eles. E non podo estar máis que agradecida. Grazas a Pablo Teijeiro, a Norris, aos meus mozos Dani Bembibre, Domin e Kim, a Arturo Piñeiro e a Norris e Elena que viñeron xuntos a noite do sábado ao domingo. E bo... que máis podo dicirche? O ultrafondo é precioso pola xente que o rodea e, sen eles, nada disto sería posible.
Veña, sinto que sexa tan longo, seguro que se me pasan cosas pero estou, uff, estou saturada e agora mesmo necesito durmir. Un bicazo moi forte a todos".
Ver esta publicación en Instagram
Una publicación compartida de Galicia Confidencial (@galicia_confidencial)
Maite Rojo a falta de 80km para chegar a Compostela no Camiño Primitivo, que fixo dunha tirada | Fonte: remitido¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- A seleccionadora feminina de fútbol denfede a Louzán: "Está traballando para que haxa máis sedes no Mundial"
- Abel Caballero non descarta acudir aos tribunais polas irregularidades na elección das sedes do Mundial
- Csada a directora da candidatura do Mundial de 2030 pola polémica das sedes do Mundial
- Cesan á directora de organización da candidatura do Mundial de 2030 tras a polémica exclusión de Balaídos
- Diego Calvo insiste: "A Xunta non tivo nada que ver na exclusión de Vigo como sede do Mundial de Fútbol"
- Rueda ante os cambios das sedes do Mundial: "Os responsables deben dar explicacións"