Xunto con outro compañeiro, Pablo Teijeiro, rematou unha ruta "infernal" na que o frío, a chuvia e vento da borrasca Martinho dificultaron moito este reto que facía para visibilizar as enfermidades raras. Sufriu "alucinacións" de non durmir, hipotermia e ventos de máis de 40km pero, finalmente, entrou no Obradoiro pasadas as 23 horas deste domingo.
  comenta   0
Maite Rojo, atleta, mariña e colaboradora do GC, inicia un novo reto. Percorrerá o Camiño Primitivo, 312 quilómetros, esta fin de semana dun tirón. Aínda que xa leva por diante numerosas probas coma esta, sempre hai un aquel de nervios antes do inicio. A corredora quere dedicarlle aos seus pais esta carreira pensando en visibilizar as dificultades que atravesan persoas con enfermidades raras e o tortuoso que pode ser para elas.
  comenta   0
No camiño de Santiago encóntrase xente que decide peregrinar por diferentes motivos. Porén, sempre hai historias que marcan como o caso dunha nena que realizou máis de trescentos quilómetros en patinete ou un grupo de amigos que o percorreron para homenaxear a un amigo que faleceu.
  comenta   0