Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2022 | Actualizada ás 17:49
Unha veciña de Viveiro de 90 anos de idade, Dolores Barro, iniciará este sábado, día 22 de xaneiro, a que será a súa terceira aventura polo Camiño de Santiago. Esta mestra fará unha etapa do Camiño Primitivo ao mes ata conseguir a súa terceira compostelá.
"Volvo facelo porque cada vez que fun foi precioso, as paisaxes, a xente que coñeces, anécdotas...", relata esta veciña de Viveiro. Ten 90 anos, e aínda que a súa familia dille está "tola", ela vese con forzas, enerxía e ganas de volver vivir esta experiencia "tan marabillosa".
Todos os días, ás doce e media da mañá, Dolores toma o café de media mañá no bar Bossanova, onde xa é unha máis da familia. E é que despois de escoitala falar, os seus veciños e amigos non poden evitar aplaudir e darlle os parabéns pola súa forma de vivir a vida. Pero Barro ten un medo: Non chegar. "E se fracaso?", pregúntase.
Barro non está a facer "nada especial" para esta camiñada, como sempre, a mesma rutina. Concienciándose de que o traxecto comezará como algo social e terminará dunha maneira máis espiritual. "Ao comezo vas con esas ganas de coñecer xente nova e de falar dun tema, doutro e doutro, pero a medida que vas achegándoche á praza do Obradoiro vas falando menos coa xente e máis contigo mesma", detalla.
Hai máis de 20 anos que fixo por primeira vez este camiño "aínda que para dar a data exacta tería que mirar as fotografías que sempre fago anotacións nelas e seguro teñen a data". Agora percorrerá o camino primitivo en varias etapas, unha ao mes, que o tempo "pasa para todos". Con máis anos, pero coas mesmas ganas. Barro fixa o seu obxectivo en Compostela e recomenda a todo o mundo a vivir esta experiencia, polo menos unha vez na vida.
ANÉCDOTAS PEREGRINAS
Son tantos os momentos vividos no Camiño de Santiago que Dolores non sabe que anécdota elixir: "Entre que son moitas e que xa me vou esquecendo...", chancea. Pero hai unha que lembra "coma se fose onte".
Así, lembra que "unha vez" coñeceu a un home co que falou "moito durante as etapas do camiño". "Falas das túas cousas, el das súas, intercambias opinións... E un día díxome: Estou moi preocupado. E pregunteille que por que. E el díxome que era crente, pero que non ía a misa nunca. Un pensamento que o estaba atormentando porque cría que o feito de non acudir a misa podería facer que lle negasen a compostelá", lembra.
Con todo, sinala que ela mesma o aliviou ao explicarlle que "se ensinaba todos os selos necesarios, non importaba que fose ou non a misa".
Peregrinos que comezan sendo descoñecidos e terminan por ser amigos e confidentes "cos que quedas para tomarche un café ou para chamarche por teléfono e charlar", "persoas que quizais non volvas nuncamás a ver, pero serven de apoio en momentos cruciais do Camiño son algunhas das cousas que fan especial", para Dores Varro, o Camiño de Santiago.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.