Detido un home pola morte de Nerea Añel tras un ano de investigacións

O cadáver da moza apareceu nunha aldea de Barbadás o pasado ano. O caso segue baixo segredo de sumario.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2021 | Actualizada ás 23:18

Comparte esta noticia



Un home foi detido este luns no marco da investigación sobre a morte de Nerea Añel, a moza cuxo cadáver foi achado o pasado mes de setembro nas proximidades dunha aldea de Barbadás, na provincia de Ourense.

Así o confirmaron fontes da investigación, que informaron da detención dun sospeitoso relacionado co suceso pero que momento descoñecen cando pasará a disposición do xulgado.

O caso atópase baixo segredo de sumario, a cargo do Xulgado de Instrución número 3.

O cadáver foi localizado en avanzado estado de descomposición por uns senderistas que camiñaban polas proximidades dunha aldea abandonada, en Os Muíños.

A autopsia e o estudo dos restos por parte do Laboratorio de Criminalística da Dirección Xeral da Garda Civil en Madrid confirmou posteriormente que se trataba da moza Nerea Añel, de 27 anos de idade, desaparecida desde o mes xaneiro de 2020.

A súa familia víraa por última vez o día de Reis e o pasado mes de febreiro levou a cabo un rastrexo con cans da Policía Nacional nas inmediacións dun motel en Barbadás, onde fora vista a moza. O corpo atopábase a uns 400 metros dese emprazamento.

A análise do corpo descartou as causas naturais e confirmou a morte violenta da moza, e a investigación centrouse en aclarar as circunstancias do ocorrido para tentar determinar se houbo algún tipo de criminalidade.

Nerea Añel, desaparecida en Barbadás en xaneiro
Nerea Añel, desaparecida en Barbadás en xaneiro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta