Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2021 | Actualizada ás 22:15
Poucos papeis hais que destilen tanta tristura como as páxinas de esquelas. Dispostas cara o final do xornal, antes dos deportes ou a oferta televisiva, encárganse de lembrar ao lector domingueiro que nada é para sempre, e memento mori. E, aínda así, sempre hai quen decide tirar de humor até nos momentos finais da vida; deixando tras de si unha última brincadeira, e un chisco de ollo antes de que caia a terra sobre o seu cadaleito.
Tal foi o caso de Doña María Paz Fuentes Fernández, unha muller falecida en Lugo o pasado 2 de xuño que, antes de abandonar o mundo, quixo deixar un par de cousas moi claras á familia.
Las cosas claras. pic.twitter.com/XjcGTcJrvQ
— Míriam Vázquez Fraga (@miriamvf) June 3, 2021
O caso de Paz Fuentes de que falar durante días nas redes sociais galegas. Porén, trátase tan só do derradeiro caso dunha longa listaxe de esquelas nas que os defuntos quixeron deixar patente o seu particular sentido do humor, lanzar un último dardo a alguén co que se levaban mal ou, no mellor dos casos, empregar as súas últimas palabras escritas para chamar a participar nunha causa solidaria.
Se cadra a lucense Fuentes tirou a idea de deixarlle un agasalliño á súa familia de Don Antonio Martínez Barreiro, que tan só uns días antes fora tamén moi claro con parte dos seus parentes. "Que non se molesten en vir", deixou caer.
¿Qué pasa en #Galicia con las esquelas?
— Las Mañanas KISS (@lasmananaskiss) May 27, 2021
Esta se ha visto en el @Farodevigo ✝️ Lo típico de las familias de que si tú no llamas yo no te llamo... y así 25 años sin hablarse #LaFamiliaUnidaJamásSeráVencida #DEMP #DescanseEnMuchaPaz #LMK pic.twitter.com/LOteojLtBW
Outras de ton máis recatado, pero non menos rechamantes, son as chegadas de persoas como Dona María Mercedes Purriños, que faleceu o 14 de abril de 2019 na parroquia de Betanzos o Vello. A muller deixou entón como última vontade que non se mandaran flores ao seu enterro; e que quen tivera desexos de achegar algún agasallo pensase mellor en doar o importe á fundación Cris contra el Cáncer, implicada coa enfermidade de Noel, un pequeno veciño de 12 que batallaba contra un cancro.
Semellante era o caso de Miguel Ángel Rodríguez Torres, caracterizado como un loitador pola súa familia e que faleceu tras batallar contra un cancro. Os seus parentes, iso si, non perderon oportunidade de botarlle un último toque de humor á cousa, en particular "o paquete do seu fillo".
😅Traduzco: pescador incansable, toda la vida peleó, bien contra el cáncer, bien por sus derechos o los de los otros... Si nunca te mandó a tomar por el culo, es que no te quería. El mundo lo va a echar en falta, pero especialmente tu familia y el paquete de tu hijo. 😅 pic.twitter.com/ZD1dpcZJJW
— JORGE ALONSO ÁLVAREZ (@Cocodrilodos) February 27, 2021
Para pechar esta listaxe non pode faltar un clásico das necrolóxicas galegas: a de Rafael Ángel García Rey, que ao ter que deixar o mundo con 63 decidiu botar de humor unha última vez coa curiosa frase que adorna a súa esquela: "marcho que teño que marchar".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.