Tres feridos tras cochar cun xabaril en Aranga e caer a un río co coche

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2022 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

Un accidente en Aranga deixou tres feridos ao precipitarse un coche ao río Mandeo tras atropelar a un xabaril á altura do punto quilométrico 12 da DP-0301.

Un dos particulares implicados no sinistro avisou ao 112 ás 23,15 horas do domingo para alertar de que acababan de caer ao río Mandeo tras chocar cun xabaril. Aínda que descartaron necesitar asistencia sanitaria nun primeiro momento, tiveron que ser atendidos por lesións de diversa consideración e foron trasladados en ambulancia.

O coche quedara nunha zona pouco profunda do río, medio afundido. Os Bombeiros de Betanzos foron os encargados de asegurar o coche para a súa posterior retirada mediante un guindastre. Tamén foron avisados o 061, o GES de Curtis e a Garda Civil de Tráfico, entre outros.

ACCIDENTE EN MONDOÑEDO

Por outra banda, noutro accidente en Mondoñedo, ocorrido ás 22,30 horas do domingo, houbo tres feridos, un deles afectado os cristais desprendidos na colisión.

Un dos implicados foi quen deu a alerta. Informaba ao 112 de que o choque se produciu no quilómetro 536 da A-8, á altura de Santa María de Vilamor en dirección A Coruña.

Os Bombeiros de Barreiros acudiron ao lugar, pero non tiveron que intervir. Ademais, foron informados o 061, Garda Civil de Tráfico e servizos de mantemento da estrada.

Atropelo dun xabaril nunha estrada galega.
Atropelo dun xabaril nunha estrada galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta