O Ministerio de Sanidade mantén a obriga das máscaras en transportes públicos

Así será ata que a comunidade experta diga o contrario, sinala Carolina Darias.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 14/09/2022 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

A ministra de Sanidade, Carolina Darias, asegurou no pleno do Congreso dos Deputados, a unha pregunta formulada polo deputado do Grupo Parlamentario de Ciudadanos, Guillermo Díaz, que se vai manter a obrigatoriedade do uso das máscaras nos transportes públicos ata que a comunidade experta diga o contrario.

E é que, tal e como lembrou a ministra, todas as medidas levadas a cabo durante a pandemia do coronavirus aprobáronse a proposta das persoas "expertas" que asesoraron, e asesoran, o Ministerio e as comunidades autónomas. "Estamos nunha situación epidemiolóxica boa pola xestión realizada polo Goberno xunto ás comunidades autónomas. En toda a pandemia foi clave a proposta das persoas expertas e todas as medias contaron con consenso e aprobáronse desde a cogobernanza", aseverou Darias.

Neste sentido, a ministra lembrou que actualmente o uso das máscaras é obrigado nos transportes públicos pola "alta concentración de persoas en espazos moi reducidos e sen a ventilación adecuada". "Pedimos que se sume ao que os expertos, que foron claves ao longo da pandemia, din e non se atribúan méritos que non lle corresponden", dixo Darias ao deputado de Ciudadanos.

E é que, durante a súa intervención, Díaz comentou que foi o seu partido o que "convenceu" o Goberno para quitar a obrigatoriedade do uso das máscaras na rúa e en espazos pechados, e lembroulle que países como Portugal, Francia, Bélxica, Dinamarca ou Reino Unido, entre outros, xa non obrigan a levalas nos transportes públicos e "non pasou nada malo".

"Impor unha medida non necesaria fai xa moito máis dano que o que evita e o Covid-19 xa é leve na maioría dos casos", salientou Díaz na Cámara Baixa, ao que a ministra insistiu en que a xestión da pandemia seguirá realizándose en base ao que recomende a comunidade experta, motivo polo cal España recibiu o recoñecemento da rexión europea da Organización Mundial da Saúde (OMS).

A ministra de Sanidade, Carolina Darias, intervén durante unha sesión plenaria no Congreso dos Deputados, a 14 de setembro de 2022, en Madrid (España). O pleno aprobou onte iniciar a tramitación da reforma do Estatuto de Autonomía de Aragón. Carlos Luján - Europa Press
A ministra de Sanidade, Carolina Darias, intervén durante unha sesión plenaria no Congreso dos Deputados, a 14 de setembro de 2022, en Madrid (España). O pleno aprobou onte iniciar a tramitación da reforma do Estatuto de Autonomía de Aragón. Carlos Luján - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta