Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 04/08/2023 | Actualizada ás 16:58
A alcaldesa en funcións e portavoz do Goberno, Eva Vilaverde, informou que o Concello de Pontevedra completa as retiradas das cabinas de Telefónica e empeza cos valados de publicidade de obras.
Eva Vilaverde deu conta este venres do seguimento do mandato emitido polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, co obxectivo de ter a cidade "en perfecto estado de revista". A alcaldesa en funcións detallou que no caso das cabinas telefónicas da compañía R a súa retirada está a ser máis complexa xa que albergan sistemas que requiren un tratamento especial.
En canto aos valos de publicidade das obras anunciou que "as imos a retirar a partir da próxima semana", aínda que "non todos" xa que "hai algunhas que deben estar certo tempo", como son aquelas que teñen que ver con fondos europeos EDUSI. "Pero están a revisarse todos os valados para ver cales están xa caducados e poden ser retirados", puntualizou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.