Desestiman o recurso de Toysal por cesamento de actividade na canteira de Casalonga no Concello de Teo

Agora tócalle ao Goberno do PP mover ficha, que non pode estar nunha situación mellor para botar a Toysal definitivamente de Casalonga", sinalan desde o PSOE local de Teo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2023 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

O xulgado contencioso-administrativo número 2 de Santiago desestimou o recurso interposto pola empresa Toysal contra a resolución ditada no ano 2021 pola concelleira delegada de Urbanismo do Concello de Teo, Uxía Lemus, pola que dispón "o cesamento inmediato da actividade de apertura dunha canteira, planta de trituración, clasificación e ensilado, situada na estrada de Casalonga".

Así se reflicte na sentenza, contra a que cabe interpor recurso de apelación, á que tido acceso Europa Press e sobre a que o PSOE de Teo destacou que as medidas levadas a cabo desde a Concellaría de Urbanismo demostraron ser "as máis adecuadas para chegar á situación actual, na que Toysal está avocado a abandonar toda iniciativa en Casalonga".

Nunha nota de prensa, os socialistas lembran que a decisión do cesamento de actividade foi tomada por Lemus o día 13 de setembro de 2021, "exactamente tres semanas antes de que fose cesada, xunto co resto dos concelleiros socialistas no Goberno, unilateralmente e sen explicación, polo entón alcalde Rafa Sisto".

Desde ese momento e ata agora co PP xa na Alcaldía, denuncian os socialistas, as accións municipais foron "inexistentes ou nulas".

"A cidadanía de Teo viu como se perdía a pista da canteira, nun roubo do público planeado entre o PP na Xunta co beneplácito do goberno municipal de Son de Teo, e agora, polo momento, o goberno de Lucía Calvo non deu sinais de acción política, máis que as boas palabras, acompañadas iso si, de publirreportajes baleiros de contido", afirman.

A portavoz socialista Mayte Argibay quixo reivindicar o traballo realizado por Uxía Lemus á fronte do departamento de Urbanismo. "Agora tócalle ao Goberno do PP mover ficha, que non pode estar nunha situación mellor para botar a Toysal definitivamente de Casalonga, grazas á herdanza recibida de Lemus", manifestou.

Manifestación contra a canteira de Casalonga. PLATAFORMA CASALONGA LIMPA DE RESIDUOS
Manifestación contra a canteira de Casalonga. PLATAFORMA CASALONGA LIMPA DE RESIDUOS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta