Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2024 | Actualizada ás 18:32
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que este martes publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) a segunda edición da convocatoria de axudas de ata 12.000 euros destinadas a persoas afectadas de Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA).
O titular do executivo galego, acompañado pola conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou este martes o domicilio dun dos pacientes diagnosticados con esta enfermidade, e beneficiario da convocatoria anterior, para coñecer de primeira man as súas necesidades e as da súa familia.
Segundo trasladou a Xunta nunha nota de prensa, Rueda chamou a atención sobre o feito de que, ademais de facer fronte á enfermidade, os pacientes teñen que afrontar tamén numerosos gastos para adquirir produtos de apoio como cadeiras de rodas; adaptar o fogar ás novas necesidades con melloras, por exemplo, de accesibilidade; ou para recibir atención fisioterapéutica ou de rehabilitación.
"Unhas necesidades que son crecentes e que moitas veces lles levan a que sexan unha preocupación case tan grande como a propia enfermidade", manifestou Rueda
Por todo iso, a Xunta decidiu pór en marcha o ano pasado unha orde de axudas específica para os afectados, converténdose na primeira comunidade en facelo. Así, os pacientes poden recibir ata 12.000 euros para poder afrontar estes gastos, "unhas axudas que só a Xunta está a conceder en toda España", destacou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.