Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 03/10/2024 | Actualizada ás 13:30
Os labores de procura do pescador desaparecido desde a noite do luns na costa de Boiro reforzáronse durante esta xornada.
Este xoves traballan na zona cinco patrullas de Seguridade Cidadá da Garda Civil, efectivos de Protección Civil, Policía Local e o servizo cinolóxico da Garda Civil de procura persoas.
A área de procura céntrase nas zonas onde apareceu o vehículo do home, os cantís da costa e e inmediacións da vivenda.
O desaparecido é un home duns 70 anos de idade que se dirixía ao citado areal na noite do luns e non regresou á súa casa. Á mañá seguinte, a súa muller presentou unha denuncia no cuartel do Instituto Armado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.