Ordenan borrar as imaxes do iris que se fixeron a cambio de criptomonedas

A axencia de protección de datos de Baviera obrigará a Worldcoin a borrar os iris que escaneou durante meses

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 20/12/2024 | Actualizada ás 09:43

Comparte esta noticia

A autoridade de protección de datos de Baviera (Alemaña) adoptou este xoves unha resolución que obrigará a Worldcoin a borrar todos os datos relacionados cos iris que escaneou durante meses a cambio de criptomonedas.

Desta forma, a Bayerisches Landesamt für Datenschutzaufsicht (BayLDA) deu a razón á Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), que impuxo de maneira cautelar a Worldcoin o cesamento de todas as súas operacións en España "ante os indicios de graves incumprimentos, para evitar danos potencialmente irreparables e protexer os dereitos dos cidadáns".

O organismo de Baviera, onde a compañía mantén a súa base de operacións en Europa, ordenou a eliminación de todos os iris almacenados dado que non se adoptaron as medidas de seguridade necesarias para o tratamento dos datos biométricos.

Neste sentido,instouno a que o manexo futuro de iris se realice sobre a base do consentimento explícito do interesado. Ademais, deberase incluír o dereito á supresión dos datos.

A resolución da BayLDA constatou tamén que Worldcoin non implantou os protocolos pertinentes para abordar o tratamento de datos de menores, o que será obxecto dunha nova investigación aparte.

O regulador xermano previu unha serie de multas no caso de que Worldcoin incumpra coas medidas decretadas, sen prexuízo das sancións administrativas que correspondan polos incumprimentos pasados en materia de protección de datos persoais.

Máquina para rexistrar o Iris, un dos negocios de worlcoin
Máquina para rexistrar o Iris, un dos negocios de worlcoin | Fonte: Xataka

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta