Problemas en Pedrafita por mor da neve

Hai acumulación de neve de máis de 10 centímetros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2025 | Actualizada ás 16:34

Comparte esta noticia

A neve caída na montaña de Lugo na mañá deste luns ao paso da borrasca Herminia causou algún problema menor na rede viaria luguesa, onde os principais puntos de tránsito, como a A-6 ao seu paso por Pedrafit, manteñen a normalidade. A nevada foi intensa entre as 13,00 e as 14,00 horas e deixou acumulacións que chegaron aos 10 centímetros en zonas altas, segundo relatou a Europa Press o rexedor de Pedrafita do Cebreiro, José Luís Raposo.

Neste municipio da montaña luguesa, onde a cota de neve baixou aos 800 metros na xornada deste luns --descendará aos 700 na madrugada do martes--, rexistráronse algunhas retencións ao quedar atrapado un camión e outro turismo en estradas secundarias. Así, ao redor das 12,15 horas, a central de emerxencias do 112 Galicia recibiu o aviso dun particular que solicitaba axuda porque non podía continuar a marcha nunha vía de Pedrafita.

Con todo, a principal vía de comunicación da zona, a autovía que une A Coruña con Madrid (A-6), non viu restrinxida a súa circulación por problemas asociados co temporal, que manterá en aviso amarelo, polo menos ata o mércores, as montañas das provincias de Lugo e Ourense por nevadas.

Estradas nevadas en Pedrafita do Cebreiro, onde se tivo que cortar ao tráfico un tramo da A-6 e un da LU-633, pola neve
Estradas nevadas en Pedrafita do Cebreiro, onde se tivo que cortar ao tráfico un tramo da A-6 e un da LU-633, pola neve | Fonte: DGT

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta