Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2025 | Actualizada ás 12:25
A Policía Nacional detivo na peaxe da AP-9 en Pontevedra a unha banda itinerante de xeorxianos que se dedicaba supostamente a roubar en diferentes zonas urbanas. Así o informou este sábado, en declaracións aos medios nun acto en Marín, o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, que detallou que as detencións se produciron na xornada do venres.
Desta forma, a operación segue aberta e non se descartan máis detencións nas próximas horas. "Queremos unha vez máis estar á beira dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e, sobre todo, dar as grazas á Policía Nacional que está a traballar ben en todas as frontes", apuntou Losada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.