Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2025 | Actualizada ás 18:35
A actriz Isabel Risco volverá a enfundarse neste 2025 na pel do seu personaxe 'Nabiza Girl' nun novo espectáculo no que a superheroína combaterá desde os escenarios "o paulatino declive da cultura galega". Esa é a esencia de 'As Aventuras de Nabiza Girl. O estraño caso da Cultura Minguante', espectáculo que se estreará o domingo 23 de febreiro ás 19.00 horas na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada.
Este Concello acolleu a residencia artística durante a que se desenvolveron os ensaios deste espectáculo, produción conxunta entre Isabel Risco e a produtora A Yogurtera. A distribución corre a cargo de Culturactiva. A xira continuará o 14 de marzo no Centro Ágora da Coruña, en Barbadás o 28 de Marzo e en Muros o 5 de abril.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.