Organizan unha protesta en marzo contra a "III Guerra Mundial que prepara a UE e a OTAN"

Os Comités anti-OTAN da Galiza denuncian o rearme e o aumento do gasto en defensa.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/02/2025 | Actualizada ás 21:22

Comparte esta noticia

Os Comités anti-OTAN da Galiza organizan o vindeiro 12 de marzo unha Xornada Galega contra a OTAN e pola Paz coincidindo co aniversario do referendo da OTAN realizado en 1986.  O seu obxectivo é "xerar un movemento social contra a III Guerra Mundial, que a OTAN e a UE preparan contra Rusia".

Soldados na guerra que Rusia lanzou contra Ucraína
Soldados na guerra que Rusia lanzou contra Ucraína | Fonte: Cope-EFE.

Nun comunicado, denuncian que hai meses que se leva asistindo a unha escalada bélica por parte das potencias occidentais para "salvar os privilexios do imperialismo e frear o ascenso dos pobos articulados a volta dos BRICS". "Pretenden que o obsceno aumento do gasto militar o paguemos os pobos traballadores da Europa. Queren desmontar o xa de por si precario estado social, recortando dereitos básicos en educación, sanidade, servizos sociais, pensións, para así poder cumprir co obxetivo de atinxir o 2% de gasto militar no PIB", critican.

"Os Comités anti-OTAN da Galiza non podemos seguir observando en silencio o rearmamento, os discursos belicistas das autoridades e das forzas políticas maioritarias. Non podemos permitir que xustifiquen publicamente a necesidade de termos que facer sacrificios para aumentar os gastos militares", engaden. Por iso, chaman a mobilizarse ese día para berrar, como nos anos 80, "OTAN non".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta