A temática proposta este ano polo Concello é 'Camiño a Belén', así que desde os cinco barrios, os leds que envolven os farois públicos e numerosas estrelas de madeira elaboradas por veciños, levan a calquera visitante cara á praza do Concello.
  comenta   0
O concello apura nestes días os preparativos para a decoración de Nadal. Dende hai uns anos traballan para ofrecer, por estas datas, a mellor imaxe da vila a través dunha decoración sostible con material reutilizado e recreando aspectos da tradición de Chantada e das súas xentes.