A celebración do San Sebastián en Castro Caldelas vén marcada cada ano por esta festa, unha das máis antigas das que hai constancia por escrito en Galicia. O sábado 19 de xaneiro, véspera do patrón, é o gran día no que un gran fachón duns 40 metros e centos de fachós individuais percorrerán o casco vello da vila como antesala á romaría festiva que virá despois.