“Co PXOM aprobado só parcialmente, non se puido facer obra nova en seis anos", di. Parroquias como as de Cordido tiveron problemas co permiso de Augas de Galicia para a captación de auga. Agora xa se poderán levar adiante obras novas nesta parroquia así como planificar o urbanismo.