Ameazan coa vía penal, mentres o goberno local insiste en que actuou en defensa dos intereses da cidade e mantén que a promotora non cumpriu os requisitos.
Os grupos da oposición, PP e BNG anunciaron senllas comparecencias ante os medios este venres para expresar a súa análise e valoración da sentenza, aínda que avanzaron que se trata dunha resolución de "máxima gravidade"
O recurso deriva da negativa do Concello de pagar o patrocinio do concerto, alegando que se tramitou un concurso público que, finalmente, quedou deserto.
O portavoz do grupo municipal 'popular', Miguel Martín, fixo balance do "bochornoso papel" que xogou o rexedor socialista durante este ano, durante o cal "púxose de manifesto que o concurso aberto que se licitou estaba redactado 'ad hoc' para que banda estadounidense actuase na cidade a cambio de case 1,9 millóns".
A existencia de feitos "tan graves" como comunicacións privadas entre o goberno e a promotora, "presuntamente para levar a cabo un patrocinio de case dous millóns de euros fóra do marco legal mesmo durante a tramitación do falso concurso público", non poden quedar "sen resposta" por parte do alcalde.
BNG e PP instan o rexedor a "dar a cara" e ofrecer explicacións ante os indicios de "graves" irregularidades. O grupo municipal do PP esixiu ao goberno municipal explicacións ante a decisión de retirar a axuda a outro evento que a promotora do concerto dos Guns N' Roses ía levar a cabo na cidade: o Underfest.
O Bloque denuncia que os Servizos xurídicos do Concello avisaron que a carta á promotora de Guns N'Roses parecía un precontrato