Grecia, baixo as directrices marcadas por Europa, está a desmantelar o campo de Idomeni e dispersando os refuxiados baixo un apagón informativo, vetando a presenza de xornalistas e voluntarios nesta operación de desaloxo. Nesta terceira achega, o fotoxornalista galego Miguel Núñez, colaborador do GC, ponlle imaxe e palabras á vía morta na que se atopan os refuxiados de Idomeni, chegados de distintos países sacudidos polas guerras, o terrorismo e a miseria.