Edicións Laiovento vén de publicar unha nova obra de Xosé Manuel Beiras titulada “ Retratos en fite”. Un libro no que o autor confesa admiración polo “Libro dos amigos” de Ramón Otero Pedrayo, que recolle a memoria dun fato de amigos cos que partillou militancia galeguista.