O rapeiro Josep Miquel Arenas ( Valtonyc) foi condenado no 2017 por ese Tribunal de excepción chamado “Audiencia Nacional” á pena de tres anos e medio por delictos de expresión, nomeadamente inxurias graves ao daquela Xefe de Estado (a quen alcumou de “ladrón”) e supostas loubanzas á ETA, xa desaparecida na altura e con quen non tiña vencello directo ou indirecto ningún, o que determinaba que as malfadadas e insultantes verbas dESTE Valtonyc non levaran inserida ningunha ameaza violenta directa nin indirecta, senón expresións, si, desaqueladas e ferintes, mais que non serían delicto noutro Estado europeo.
  comenta   0
Imos ver este luns 4-Ou o remate do affaire atinxente ao prendemento do president catalán no exilio, Carles Puigdemont.
  comenta   0
O prendemento en augas irlandesas de dous barcos con base en Burela supón un exemplo das diferenzas na aplicación dos regulamentos europeos. Existe unha normativa común mais as autoridades de cada país parecen aplicalas segundo os seus intereses internos, ou iso é o que se interpreta desde os portos da Mariña.