A curva non baixa e Galicia volve a cifras de mortes da Semana Santa, con 22 falecidos

Nas últimas 24 horas morreron 16 persoas en residencias, a maior cifra desde que comezou a pandemia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2020 | Actualizada ás 21:12

Comparte esta noticia

A morte doutros tres persoas en hospitais da Comunidade eleva a 498 o número de vítimas mortais do coronavirus en Galicia, nunha xornada na que a Consellería de Sanidade tamén notificou un repunte no falecemento de usuarios de residencias, ao informar de 16 novos casos (9 falecidos nos propios centros xeriátricos e outros 7 en hospitais e residencias integradas).

Segundo fontes sanitarias, nas últimas horas perderon a vida diagnosticadas con coronavirus outras tres persoas: un home de 84 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), unha muller de 96 anos que estaba ingresada no centro sanitario privado da Rosaleda, en Santiago, e outro home de 83 anos que estaba ingreso no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). Todos tiñan patoloxías previas.

Tamén este xoves, Sanidade informara da morte dun home de 66 anos de idade que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), e outro home, de 83 anos de idade, ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), ambos con patoloxías previas. A eles sumouse a morte dunha muller de 88 anos de idade, sen patoloxías previas, e que tamén estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Con esta actualización, o número de falecidos en hospitais galegos debido á pandemia é de 381, aos que hai que sumar unha muller que recibía atención hospitalaria a domicilio e que faleceu hai uns días. Por áreas, rexistráronse 110 mortes na área sanitaria da Coruña, 74 na área de Vigo, 75 na área sanitaria de Ourense, 60 mortes na área sanitaria de Santiago, 23 na área de Ferrol, 25 na área de Lugo e 15 na área sanitaria de Pontevedra.

REPUNTE DE FALECIDOS USUARIOS DE CENTROS RESIDENCIAIS

Con respecto ás residencias de maiores, este xoves notificouse a morte de 16 persoas, das que 9 faleceron nos propios centros xeriátricos. Trátase de 4 usuarios falecidos na residencia Claudina-Somoza da Coruña, outro na residencia O Portazgo (A Coruña), un na Fundación José Otero (Santiago), outro na residencia A nosa Señora da Esperanza (Ourense), outro na residencia San José (Ourense) e outro máis no centro de maiores San Pedro (Crecente).

Coa última actualización de datos, o número de maiores falecidos en residencias elévase a 116. Ademais, Sanidade confirmou que, ata o momento, morreron outras 110 persoas vinculadas con centros residenciais (que faleceron en hospitais ou en residencias integradas), sete deles nas últimas 24 horas.

Segundo este balance, o número de persoas falecidas ata agora vinculadas con centros residenciais ascende a 226, un 45,6 % do total de vítimas mortais da COVID en Galicia.

BALANCE DE MORTES DENTRO DAS RESIDENCIAS

Desde que empezou a pandemia morreron 22 maiores dentro do centro DomusVi de San Lázaro, 19 no DomusVi de Cangas, outros 20 na residencia A nosa Señora da Esperanza, 11 na DomusVi do barrio vigués de Barreiro, e 5 na residencia Moledo (Vigo).

Tamén se produciron 8 no Portazgo (A Coruña), un no Fogar Bellolar, outro na residencia de Castro Caldelas, 7 en Remanso Claudina-Somoza (A Coruña), 4 na DomusVi Matogrande (A Coruña), tres na Santa Teresa de Jornet (A Coruña), un na Caser A Zapateira (Culleredo), un en San Carlos de Celanova, dous na residencia Divino Mestre (Ourense), 3 na residencia San Pedro de Crecente, dúas nas Fragas de Pontedeume.

Finalmente, faleceu tamén un usuario na residencia de Bande, un na de Foz, outro na nosa Señora de Fátima (O Barco de Valdeorras), un na residencia DomusVi Concepción Areal da Coruña, un residente no centro San José de Ourense, e outro na Fundación José Otero de Santiago.

Por outra banda, a Xunta de Galicia trasladou ao Goberno central que, nas residencias de maiores da Comunidade, morréronse un total de 14 persoas que presentaban síntomas de coronavirus pero ás que non se lles realizou unha proba PCR.

A Consellería de Política Social confirmou que contabiliza un total de 14 falecementos nestas circunstancias desde o 8 de marzo, cando en Galicia había oito casos de coronavirus confirmados pola Consellería de Sanidade.

Evolución de casos de coronavirus en Galicia ata o 23 de abril de 2020, segundo datos do Ministerio de Sanidade.. EP DATA
Evolución de casos de coronavirus en Galicia ata o 23 de abril de 2020, segundo datos do Ministerio de Sanidade.. EP DATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta