A "postura privada" de Encarna Otero

"É unha postura privada e aí queda o tema". Con esta escueta frase, e antes de colgar abruptamente o teléfono, xustificou hoxe Encarna Otero o artigo que onte publicou en Vieiros...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/08/2007 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia
A directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda da Xunta chamou á "desobediencia política" no acatamento da Disposición adicional 17 da Lei da Función Pública que prevé un suplemento económico para os altos cargos.

Hoxe respostaronlle o PP e o PSOE. O máis duro, o seu colega no goberno e conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, quen lle advertiu que as súas palabras son "constitutivas de delito" e non propias dun membro do goberno. O PP, máis suave, lembroulle que, antes de chamar á "insumisión" debe pedirlle ao seu "xefe Quintana" que suprima algúns dos 15 asesores que ten ao seu cargo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

16 anxo

Non sei de onde sae este juan español. Este neno de colo e bastante mais intelixente e sensato que el que e un extremista de non sabemos qué. Deixa de insultar e de provocar de un xeito tan vulgar, eres un patético paleto que naide querría que o defenderas, deixa de descalificar por descalificar, durme que eres mais útil nos teus sonos.
Por outra parte noraboa para encarna, ainda que e moi floxiña en xeral demostra integridade nos seus fundamentos.

15 Juan Español

Óscar, meu neno, lendo as túas mensaxes dan ganas de collerte no colo... O malo é que como debes ser un neno un pouco grande, hai un problema... Que temos que facer cando choras?

14 Oscar

O peor de todo é que Galiza é a terceira Comunidade Autónoma máis pobre, e aínda por riba imos deixar de recibir fondos da UE. Xusto o que menos precisamos é derroche.

13 Oscar

Quero recordarlles aos do bipartito que son de esquerdas, e iso conleva, e máis en Galiza, que hai que ter moito coidado. Os votantes da esquerda non esquecemos rápidamente e nos abstemos con facilidade.
E a verdade é que os dous socios do bipartito estánse gañando a pulso o meu voto en branco ou abstención para as próximas eleccións. O BNG con esa "lei" por chamala dalgunha maneira, que dende logo é un escándalo; e o PSOE, entre que botaron a Maragall, secuestraron El Jueves e traizoaron aos navarros tampouco me están a caer moi bén.

12 Todos con Encarna

Noraboa Encarna! Ese é o Bloque que queremos os que vos votamos algunha vez.
Non vos dades conta de que moitos galegos non cobramos eses cartos durante o ano. Pode un país pobre como o noso manter a calquera que teña un cargo de por vida. De qué van ? Estes son de esquerdas ou viñeron aquí a amaña-lo seu e a mercar ó PP.
Sabedes canto cobra un galego medio? No sería mellor investir eses cartos en estradas ou hospitais ou en mellorar os soldos de outros que non chegan a fin de mes....
Quédanvos dos anos escasos