A "postura privada" de Encarna Otero

"É unha postura privada e aí queda o tema". Con esta escueta frase, e antes de colgar abruptamente o teléfono, xustificou hoxe Encarna Otero o artigo que onte publicou en Vieiros...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/08/2007 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia
A directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda da Xunta chamou á "desobediencia política" no acatamento da Disposición adicional 17 da Lei da Función Pública que prevé un suplemento económico para os altos cargos.

Hoxe respostaronlle o PP e o PSOE. O máis duro, o seu colega no goberno e conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, quen lle advertiu que as súas palabras son "constitutivas de delito" e non propias dun membro do goberno. O PP, máis suave, lembroulle que, antes de chamar á "insumisión" debe pedirlle ao seu "xefe Quintana" que suprima algúns dos 15 asesores que ten ao seu cargo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

1 filomena ao meu pasar

Bravo Encarna.Nom vai valer pra moito pero polo menos hai alguen que da a cara é dí o que todas-os queremos escoitar e sobre todo visualizar nas prácticas do governo bipartito.Nom vai cundir o exemplo e os mil postos a dedo do goberno bipartito a chupar do bote e facer o mesminho que fixeron os do PP vivir do conto e comer a costa dos impostos de todas-os.Por suposto que oficialmete vai a decirse que o de Encarna e folclorismo e queres sair nos medios pero todas-os sabemos que ser coherente non casa cos Bieitos lobeiras,aeymerichs e mariñas, que por certo foron dos que aproborna os sobresoldos no Parlamento.