A "postura privada" de Encarna Otero

"É unha postura privada e aí queda o tema". Con esta escueta frase, e antes de colgar abruptamente o teléfono, xustificou hoxe Encarna Otero o artigo que onte publicou en Vieiros...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/08/2007 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia
A directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda da Xunta chamou á "desobediencia política" no acatamento da Disposición adicional 17 da Lei da Función Pública que prevé un suplemento económico para os altos cargos.

Hoxe respostaronlle o PP e o PSOE. O máis duro, o seu colega no goberno e conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, quen lle advertiu que as súas palabras son "constitutivas de delito" e non propias dun membro do goberno. O PP, máis suave, lembroulle que, antes de chamar á "insumisión" debe pedirlle ao seu "xefe Quintana" que suprima algúns dos 15 asesores que ten ao seu cargo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

11 Pardo de Cela

Os do bloque son os profetas do non, até de plans de pensións anticipados. Hai que ser burros!!!.

10 cig-autonomica

A CIG-AUTONOMICA CALIFICA AS DECLARACIÓNS DO CONSELLEIRO DE TRABALLO, RICARDO VARELA, DIANTE DA POSICION DE ENCARNA OTERO, DE INSULTANTES


A CIG-Autonómica considera que as declaracións do Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, a respeito da posición manifestada por Encarna Otero pola disposición adicional 17 da lei da función Pública Galega, son insultantes para a cidadania Galega.

A posición de Encarna Otero é suscrita na sua totalidade pola CIG-Autonómica. É inmoral e carece de ética que se aprobe unha Lei que leva unha enmenda presentada polo PP , que xa tentou aprobar mediante un Decreto e que desbotou pola grande contestación que xerou no persoal funcionario, todos os sindicatos con representación no Persoal da Administración Autonómica, e os Partidos naquel momento na oposición, PSOE e BNG.

Recordar que o Sr. Ricardo Varela foi Secretário Nacional da Ejecutiva de UGT de Galiza, sindicato que naquel momento manifestou con contundencia o rexeitamento ao intento do PP de colar por decreto esta medida. É curioso o cambio de posición, agora que non solo afecta a todos os nomeados a dedo polo PP e que él tamén é dos “ premiados” por esta medida ( é funcionario no Concello de Lugo).

É vergonzoso que ataque a Encarna Otero decindo que é obligatorio o cumprimento da Lei, ¿pensa xulgala e mandala á cadea por ter ética e coherencia, extremos estes dos que demostra Ricardo Varela que carece?

Esta lei representa un expolio para o erario público, que pertence a todas e todos as galegas e galegos, en beneficio de persoas postas a dedo nos cargos.

Esiximos ao Governo Galego que reconsidere esta disposición, e deroge esta medida inxusta e vergonzosa

Compostela, 3 de agosto de 2007

9 Xandokas

¡O ladrón pensa que todo o mundo e da súa mesma condición! ¡Os ladróns ao cárcere!

8 anónimo

Está claro que lle fallan as formas, pero non demasiado o fondo: habería que preguntarlle á Vicepresidencia polos chiringuitos que ten montados nos que enchufou a xente tan inútil como Lois Castrillo (entre outros moitos, que ben se sabe pero como é o BNG non se di)

7 Estevo das Estrivadas

Unha cousiña "Juan Egpañol"...todos os LADRÓNS pensan que todos son da súa mesma condición.