A "postura privada" de Encarna Otero

"É unha postura privada e aí queda o tema". Con esta escueta frase, e antes de colgar abruptamente o teléfono, xustificou hoxe Encarna Otero o artigo que onte publicou en Vieiros...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/08/2007 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia
A directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda da Xunta chamou á "desobediencia política" no acatamento da Disposición adicional 17 da Lei da Función Pública que prevé un suplemento económico para os altos cargos.

Hoxe respostaronlle o PP e o PSOE. O máis duro, o seu colega no goberno e conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, quen lle advertiu que as súas palabras son "constitutivas de delito" e non propias dun membro do goberno. O PP, máis suave, lembroulle que, antes de chamar á "insumisión" debe pedirlle ao seu "xefe Quintana" que suprima algúns dos 15 asesores que ten ao seu cargo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

21 o moinante

Eu já sei que vou fazer com a minha soberania. Nom volvo a votar...Governe quem governe, mudam os dezires mas nom a mantença. Tam aginha sintem-se "ilustres" convertem-se em "élite" para te-los que manter de por vida.
Nengúm deles no mercado de trabalho pasaríam dos 2.000 €

20 poca empatia carallo

Tamen como sodes, non vos decatades que estes altos cargos teñen fillos, e que un fp na privada ( que e de calidade de verdá) custa uns 6000 euros e que so lles quedarian 9000 pa eles, eso se non teñen varios fillos...onde esta esa empatia polos altos cargos? non vos chega con 900 euros o mes que ainda lle queredes quitar as oportunidades os seu fillos? e as estradas e os hospitais chegan abondo, non vedes que pouquiños mortos temos?

19 Todos con Encarna

Joder con los de izquierdas!! ¿Por que non nos suben eses cartos a tódolos galegos? E agora todos contra Encarna, que simplemente ousou dicir o que a xente comenta nos bares e nas paradas de bus.
O problema económico é que os políticos poidan manter os chalets e os iates de por vida aínda que pedrdan as eleccións

18 Oscar

Moitas grazas anxo.
A Juan Español xa paso de dicirlle nada.

17 otro más "a" del verbo aber, "ha" preposición, "o sea" y "debe de decirse"

onde estavas, ó joão espanhol, quando os do teu partido roubavam descaradamente durante 16 anos? Por que então não dizias nada? Estavas roubando tu também? É por isso que agora estás rabioso?