A "postura privada" de Encarna Otero

"É unha postura privada e aí queda o tema". Con esta escueta frase, e antes de colgar abruptamente o teléfono, xustificou hoxe Encarna Otero o artigo que onte publicou en Vieiros...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/08/2007 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia
A directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda da Xunta chamou á "desobediencia política" no acatamento da Disposición adicional 17 da Lei da Función Pública que prevé un suplemento económico para os altos cargos.

Hoxe respostaronlle o PP e o PSOE. O máis duro, o seu colega no goberno e conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, quen lle advertiu que as súas palabras son "constitutivas de delito" e non propias dun membro do goberno. O PP, máis suave, lembroulle que, antes de chamar á "insumisión" debe pedirlle ao seu "xefe Quintana" que suprima algúns dos 15 asesores que ten ao seu cargo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

31 anxo

E así noelia, e asi, tes razón.

30 Noelia

Todas as nulidades que ocupan cargos no goberno e que son profesores de instituto ou mestres de escola ou enfermeiros, van vivir estupendamente nos vindeiros anos, gañando moito máis que os seus colegas de curre.

Se até agora había navalladas para lograr un posto de designación a dedo, de aquí en diante vai haber tiros.

29 vibora

Imos ter que escapar dos politicos coma do demo.
As unanimidades cando toca subir os salarios son todo un exemplo de que xa son todos iguais . Na esquerda xa só quedan as poltronas dos aparatos, o resto vaise indo para a casa

28 Noelia

Eu hei estar atenta a ver se é certo que Encarna renuncia a ese sobresoldo. Que teño a mosca tras da orella.

27 Xoán

Penso que houbo un cambio de aire na Xunta, pero con novos "frescos" na Xunta, .... vamos, ...trátase "do mesmo can pero con distintos collares".