A "postura privada" de Encarna Otero

"É unha postura privada e aí queda o tema". Con esta escueta frase, e antes de colgar abruptamente o teléfono, xustificou hoxe Encarna Otero o artigo que onte publicou en Vieiros...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/08/2007 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia
A directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda da Xunta chamou á "desobediencia política" no acatamento da Disposición adicional 17 da Lei da Función Pública que prevé un suplemento económico para os altos cargos.

Hoxe respostaronlle o PP e o PSOE. O máis duro, o seu colega no goberno e conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, quen lle advertiu que as súas palabras son "constitutivas de delito" e non propias dun membro do goberno. O PP, máis suave, lembroulle que, antes de chamar á "insumisión" debe pedirlle ao seu "xefe Quintana" que suprima algúns dos 15 asesores que ten ao seu cargo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

36 Trincatlón

Roberto Mera e 9000 enchufados máis.

35 cuturru

Encarna,si tí non queres os 15000 euros, seguro que Roberto Mera si que os quere

34 french_conection

Xoán, si deseas pagar menos impuestos no te dejes engañar por las entidades bancarias. Hay un sistema legal, hasta la fecha. Consiste que la ley de IRPF, la nueva claro, indica que con las rentas mobiliarias extranjeras (en este caso será bonos de otro pais europeo) deberan aplicarse la doble imposición (evitar la tributación doble).
Por lo tanto lo declaras pero esta exento de pagar tributos por las rentas en España. Ahora bien, en Austria, los beneficios o rentas de bonos estatales estan a su vez exento. Si estan exento en Austria y cuando cobras en España aplica la doble tributación te llevas el 100% de tu renta.

Facil y sencillo.

Un saludo.

PD: ya veo yo a Encarna y todos estos viajando a Viena...

33 Noelia

De certo que a postura de Encarna semella incongruente. Primeiro tomou a decisión de facer un escrito PÚBLICO denunciando o choio e chamando á insubmisión. E agora vai e di que que é unha postura PRIVADA. Como se come iso? Para min que a chamaron á orde e ela obedeceu, recuou. Hai que estar atentos a ver se renuncia ao complemento ou fai como todos: calar e cobrar.

32 Xoán

Encarna Otero está arrepentida do que dixo. Por iso dixo que era unha postura privada. Seguro que cando escribiu o artigo tiña "unha copiña de máis". Encarna Otero e como "os outros"