A "postura privada" de Encarna Otero

"É unha postura privada e aí queda o tema". Con esta escueta frase, e antes de colgar abruptamente o teléfono, xustificou hoxe Encarna Otero o artigo que onte publicou en Vieiros...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/08/2007 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia
A directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda da Xunta chamou á "desobediencia política" no acatamento da Disposición adicional 17 da Lei da Función Pública que prevé un suplemento económico para os altos cargos.

Hoxe respostaronlle o PP e o PSOE. O máis duro, o seu colega no goberno e conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, quen lle advertiu que as súas palabras son "constitutivas de delito" e non propias dun membro do goberno. O PP, máis suave, lembroulle que, antes de chamar á "insumisión" debe pedirlle ao seu "xefe Quintana" que suprima algúns dos 15 asesores que ten ao seu cargo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

26 anxo

Alégrome que estedes a dicir o que veño defendendo hai moito tempo, o bipartito está a facer as cousas bastante pior que antes i esto e moi grave por duas razóns. A primeira e que e mais facil partir de cero que arrastrar unha fatiga de 16 anos e, por outra, os galegos que votaron a estos dous partidos esperaban un cambio, aire fresco. Este non e aire fresco e non só en este tema, en moitos mais.

25 Enkarna

O bipartito aínda pode remontar, pero como teimen con estas historias e sigan copiando a "pies juntillas" a política do PP van ir por onde viñeron á oposición. Sí cómpre castigalos e votar ós outros. Hai que facer unha oposición responsable criticando o que están facendo mal e que cando ti chegues ó poder vas poder facer doutro xeito. Senón é laretar por laretar. Non se pode prometer unha cousa e facer outra. Non se pode falar de nepotismo, política clientelar e porta de atrás e logo aproveitar pra meter a tóda a familia e a tódolos colegas en tódalas institucións, desde o consorcio do benestar ata no IGVS.

24 Xoán

Se parte dos cartos dos nosos impostos van para estos "jetas", eu voume plantexar "reducir" a miña contribución para impostos.

23 xusto

este tipo de cousas fanme reflexionar. que fago? non lles voto e permito que gobernen os de antes que son peores? voto a un partido minoritario que non vai sacar representacion pola puta lei do 5%? cada vez penso mais que este é un xogo entre tres ou catro "coleguillas" que se asignan papeis diferentes pa que pareza que hai pluralidade e logo vanse de cañas a partirse o nabo de todos.
estou moi triste e decepionado.

22 o moinante

Eu já sei que vou fazer com a minha soberania. Nom volvo a votar...Governe quem governe, mudam os dezires mas nom a mantença. Tam aginha sintem-se "ilustres" convertem-se em "élite" para te-los que manter de por vida.
Nengúm deles no mercado de trabalho passaríam dos 2.000 €