Por Alberto Quian | Santiago de Compostela | 11/09/2019 | Actualizada ás 21:45
O cambio climático afectará a velocidade do vento e, por tanto, a produción eólica na península ibérica. Un novo estudo científico con proxeccións da velocidade do vento para as próximas décadas prognostica variacións na produción de ata o 8 % e cambios nas marxes operativas de ata o 10 %. Tamén haberá cambios estacionais significativos, cun aumento no verán e unha diminución no inverno.
Os cálculos fixéronse sobre catro parques eólicos situados en distintos puntos de España, todos eles da empresa Acciona: o de Cadramón, instalado no Valadouro, na Mariña Central (Lugo); El Perdón, en Navarra; Río Almodóvar, en Andalucía, e Rubió, en Cataluña.
Os autores do estudo calcularon proxeccións da velocidade do vento utilizando un conxunto de tres modelos climáticos, dous períodos de tempo (2018-2041 e 2042-2065) e dous escenarios, os RCP 4.5 e 8.5 (a comunidade científica internacional traballa con catro escenarios diferentes nas súas proxeccións, asumindo diferentes niveis de esforzo de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro a nivel global; en cada un destes escenarios teríase diferentes impactos do cambio climático; o 4.5 é un escenario de estabilización, mentres que o 8.5 é dun nivel moi alto de emisións).
Segundo os resultados do estudo, os cambios na velocidade media do vento varían entre parques eólicos, en función da súa ubicación. Espérase unha diminución da velocidade en Cadramón e Rubió para todos os escenarios e períodos de tempo, sendo cada vez máis intensa. En Río Almodóvar proxéctase un aumento, mentres que os resultados para El Perdón dependen do marco de tempo e o escenario, observándose reducións e aumentos.
No caso do parque eólico galego, as caídas serán do 3,5 a 3,6% no escenario máis optimista, e do 4 ao 4,9% no peor.
Parque eólico |
Escenario |
Promedio histórico (m/seg) |
Variación horaria promedio (futuro próximo, 2018-2041) |
Variación horaria promedio (mediados de século, 2042–2065) |
---|---|---|---|---|
Cadramón |
4.5 |
7.07 |
−3.5% |
−3.6% |
8.5 |
7.07 |
−4.0% |
−4.9% |
|
El Perdón |
4.5 |
9.32 |
−0.1% |
1.5% |
8.5 |
9.32 |
1.0% |
0.2% |
|
Río Almodóvar |
4.5 |
6.21 |
1.2% |
2.9% |
8.5 |
6.21 |
2.5% |
3.9% |
|
Rubió |
4.5 |
5.69 |
−0.7% |
−4.2% |
8.5 |
5.69 |
−1.2% |
−4.1% |
En canto á produción anual, os resultados son consistentes cos da velocidade do vento, pero en maior magnitude. Rubió mostra a diminución máis significativa na produción, ao redor do 8% para o período 2042–2065. Proxéctase que os aumentos en Río Almodóvar sexan entre 5% e 6% para o mesmo período.
Con respecto á produción, as tendencias son consistentes coas observadas para a velocidade do vento, pero son máis pronunciadas. A produción diminúe en todos os escenarios e períodos futuros en Cadramón e Rubió e aumenta en Río Almodóvar. El Perdón non mostra unha tendencia uniforme e a súa evolución depende dos escenarios e períodos futuros considerados.
As maiores caídas danse en Rubió, cunha diminución de aproximadamente un 8 % para o período 2042-2065. No caso do parque lugués, a caída da producción variaría entre o 4,5 e o 5,7 %.
Parque eólico |
Escenario |
Promedio histórico (MWh) |
Variación anual promedio (futuro próximo, 2018–2041) |
Variación anual promedio (mediados de século, 2042–2065) |
---|---|---|---|---|
Cadramón |
4.5 |
47,562 |
−4.7% |
−4.5% |
8.5 |
47,562 |
−5.2% |
−5.7% |
|
El Perdón |
4.5 |
65,508 |
−0.5% |
1.9% |
8.5 |
65,508 |
1.0% |
−0.1% |
|
Río Almodóvar |
4.5 |
21,728 |
2.3% |
5.0% |
8.5 |
21,728 |
3.6% |
6.5% |
|
Rubió |
4.5 |
88,581 |
−1.7% |
−8.2% |
8.5 |
88,581 |
−2.5% |
−8.0% |
Con respecto á estacionalidade, as proxeccións mostran un aumento na produción en todas as plantas durante o verán e unha diminución durante o inverno.
Os expertos subliñan que “estes cambios na produción afectan as marxes operativas e os parámetros de investimento das plantas”.
“Debido aos aumentos esperados na produción, os cambios nas marxes operativas son relevantes tanto en Río Almodóvar como en Rubió. Só se proxectan lixeiros cambios para as outras plantas”, engaden.
Neste sentido, o parque de Cadramón mostra valores positivos, pero nunha magnitude menor que El Perdón, “en parte debido ao impacto dos impostos rexionais”, clarifican os autores.
Parque eólico |
Promedio histórico |
Escenario 4.5 |
Escenario 8.5 |
||
---|---|---|---|---|---|
Futuro próximo, 2018–2041 |
Metade de século, 2042–2065 |
Futuro próximo, 2018–2041 |
Metade de século, 2042–2065 |
||
Cadramón |
15% |
12% |
12% |
12% |
11% |
El Perdón |
38% |
39% |
40% |
39% |
39% |
Río Almodóvar |
−14% |
−8% |
−5% |
−6% |
−4% |
Rubió |
−10% |
−8% |
−15% |
−8% |
−14% |
Os resultados do estudo veñen de publicarse na revista científica Renewable Energy, nun artigo titulado 'Impacts of climate change on wind energy power – Four wind farms in Spain', asinado por Kepa Solaun, do Departamento de Bioloxía Ambiental da Facultade de Ciencias da Universidade de Navarra, e Emilio Cerdá, do Instituto Complutense de Estudios Internacionales (ICEI), da Universidade Complutense de Madrid.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.