Galicia quere valorizar os descartes de pesca para o seu aproveitamento en varios ámbitos

A Xunta recoñecerá este venres os mellores proxectos de desenvolvemento sustentable nas zonas pesqueiras galegas, promovidos polos grupos de acción local do sector pesqueiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2019 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, subliñou que Galicia traballa para adaptarse á obrigación de desembarque a través de medidas para mellorar a xestión, optimizar a actividade extractiva e valorizar as capturas antes descartadas.

Un exemplo dese labor, segundo destacou, é a planta piloto no marco do proxecto 'Life iSEAS' para o procesado integral e a valorización de descartes, no que participa o centro tecnolóxico do mar (Cetmar) e que visitou este mércores no porto de Marín.

Esta instalación permite, segundo explica a Xunta nunha nota de prensa, procesar a materia prima que antes non se aproveitaba co obxectivo de elaborar tanto produtos para o consumo humano como con aplicacións no ámbito farmacolóxico e na cosmética. Trátase dunha planta que xa está completamente operativa e que está a ter "boa acollida" no sector empresarial, industrial e o do I+D+i, indica.

PREMIOS

Por outra banda, a Xunta recoñecerá este venres os mellores proxectos de desenvolvemento sustentable nas zonas pesqueiras galegas, promovidos polos grupos de acción local do sector pesqueiro.

Será no transcurso da gala da segunda edición dos premios Economía Azul, que se celebrará este venres a partir das 19,00 horas no salón de convencións do edificio Cinc da Cidade da Cultura.

Pesca
Pesca

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta