Evacúan a unha nai e ao seu bebé con síntomas de inhalación de fume en Meaño

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2019 | Actualizada ás 10:57

Comparte esta noticia

Unha nai e o seu bebé tiveron que ser evacuados con síntomas de intoxicación por inhalación de fume debido a un pequeno incendio declarado na súa vivenda, en Meaño (Pontevedra).

Segundo informa o 112, a cociña encheuse de fume por mor dun aparello doméstico que comezou arder ao redor das 20,00 horas da tarde. O encargado de dar a voz de alarma foi un veciño que tamén tratou de apagar as chamas cun extintor.

A maquinaria foi o único que se viu afectado nesta casa situada na rúa da Chanca. No entanto, o intenso fume si provocou a intoxicación da nai e o seu fillo, que foron evacuados polos profesionais de Urxencias Sanitarias-061.

Ata o lugar desprazáronse membros do GES de Sanxenxo e os bombeiros do Salnés. Estes últimos aseguráronse de que o aparello estaba apagado e realizaron as correspondentes medicións para comprobar a calidade do aire na vivenda.

GES
GES | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta