Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 05/02/2020 | Actualizada ás 20:05
A nova Coordinadora de Marea Atlántica acordou abrir unha rolda de contactos con mareas e organizacións políticas do mesmo espazo político, segundo informa tras o primeiro encontro do citado órgano de dirección.
Nestas conversacións, Marea Atlántica estará representada polo exalcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, responsable da área de Confluencia e Cohesión do citado espazo. A Coordinadora de Marea Atlántica celebrou este martes a súa primeira reunión tras ser ratificada pola Rede da organización a pasada semana.
Esta reunión de traballou fixou, segundo explican, dous obxectivos. O primeiro, o inicio da rolda de contactos con organizacións e mareas do mesmo espazo político de Marea Atlántica, tanto a nivel local como autonómico.
O segundo, a organización interna tanto da Coordinadora como das áreas de traballo correspondentes a cada unha das persoas que a integran. "De cara a reactivar e mobilizar á 'mareancia' para esta nova etapa", explican no seu comunicado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.