Auxiliares: “Non temos medo porque queremos aos nosos velliños, pero a Xunta os trae para morrer”

Traballarán nos centros de referencia habilitados para coidar anciáns contaxiados, pero falan de “caos” e de “improvisación” no da Porta do Camiño, en Santiago, que aínda non ten usuarios. "Todo o que fai Feijóo é puro electoralismo", critican mentres Feijóo defende este modelo de illamento dos maiores.

Por Xurxo Salgado | Santiago de Compostela | 27/03/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Son, xunto con médicos, enfermeiras e celadores, o persoal máis exposto a contraer o coronavirus, pero o colectivo de auxiliares de enfermaría e de limpeza, tamén dan a cara e está disposto a facer o que sexa por “salvar aos nosos velliños”. Case 40 delas foron chamadas este xoves a unha xuntanza en Santiago. Son xerocultoras, auxiliares de enfermería e persoal de limpeza de Valga, Outes, Boiro, Muros-Noia, Portas, Dodro e outros centros de día do Consorcio de Benestar da Área de Santiago.

Traslado de usuarios e usuarias da residencia Porta do Camiño
Traslado de usuarios e usuarias da residencia Porta do Camiño

A chamada era de urxencia e o cometido de máximo risco: atender aos contaxiados das residencias de maiores das provincias de Lugo e A Coruña que serán illados no centro Porta do Camiño, un dos dous centros de referencia anunciados polo presidente galego, para tratar aos maiores que poidan resistir sen estar hospitalizados.

“Dixéronnos que é un experimento pioneiro, que van trasladar anciáns positivos de baixa intensidade e que debemos axudar en todo o que poidamos. Nós non temos medo a traballar porque queremos moitísimo aos nosos velliños pero aos da Xunta dálles igual”, critica persoal sanitario consultado por GC e que estivo presente nesa xuntanza.

“VEÑEN PARA MORRER”

Denuncian que a residencia é un sitio “cutre”. “Aquí veñen a morrer. Non vai medicalizar ese centro. Están medicalizando centros privados como A Rosaleda e A Esperanza. Por que non os levan alí”, queixase. O seu cometido sería traballar 12 horas durante sete días. Pero, non teñen nin infraestrutura apropiada, nin medios.

Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario
Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario | Fonte: © Miguel Núñez

A protección que lle dan “é ridícula”. “Máscaras de papel, bata e gafas que temos que lavar nós e guantes os que queiramos”. Pero a Xunta recomenda “non estragar o material e que o usemos canto poidamos”. Tampouco teñen aloxamento. “Dixeron que foramos a durmir a casa. Nós negámonos. Entón buscaron acomodo no Hotel Congreso -Teo-, pero, claro, para ir alí tiñamos que ir nos nosos vehículos. Pedimos un autobús. Entón xa cambiaron todo e están buscando sitios no centro de Santiago. É todo un caos”, asegura.

ELECTORALISMO DE FEIJÓO

Esta profesional sanitaria, con moitos anos aos lombos traballando na sanidade pública, ten claro que esta é unha medida “electoral do PP para lavar a cara”. “Desde que comezou isto Feijóo non para de facer electoralismo”, denuncia. Por iso, critica que as decisións políticas do Consorcio de Benestar que está a tomar o Partido Popular, e tamén que sexa permitido a título persoal por algunhas persoas vinculadas ao BNG. “Salvan o cú pero hai ética profesional e están vendendo as auxiliares de enfermería e nos meten na boca do lobo”, critica.

Ante a falta de persoal do propio Sergas, di que a Xunta chamou tamén a persoal de centros privados de Cogami, para que sexan eles os que suplanten ao persoal do Sergas na semana que collan libre.

XUNTA

Pola súa banda, Feijóo suliñaba este venres, na rolda de prensa posterior ao Consello que, desde que comezou a pandemia sempre dixo que “unha das prioridades son as persoas ingresadas nas residencias”. “Hoxe os contaxiados representan o 1% dos infectados, pero vai subir”, dixo porque se está “na fase inicial”.

Neste sentido, defendeu a posta en marcha dos dous centros de referencia, o de Santiago, e o da Fundación San Rosendo, en Baños de Molgas. “O que estamos tentando agora é illar a todos os usuarios teñan ou non teñan a enfermidade cando se dá algún caso porque sería un grave erro non facer nada con eles". Por iso, considera que "o lóxico" é "ter máis" residencias integradas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 Gamela

A política de lazaretos é moi vella (e pode que non sexa mala cando non hai medios nos hospitais) pero reivindicaría o Hospital de Peregriños (Hostal dos Reis Católicos) ¿acaso terían os vellos un Lazareto máis acaído? E grande dabondo, ten patios e unha cociña para atender a coidadoras e usuarios !!! Queremos VIVIR no Hostal

1 Gamela

Lesbos empieza en la puerta de tu casa... Calais te explota ahora en la cara. La nueva frontera es la mascarilla. El aire que respiras debe ser solo tuyo. La nueva frontera es tu epidermis. El nuevo Lampedusa es tu piel. https://elpais.com/elpais/2020/03/2... Se queremos resistir á SUMISIÓN debemos iniciar unha MUTACIÓN !!!

2 Gomo

Peregriños? No hay más preguntas señoría. Nivelazogalleguil!

3 Gamela

Cando o sabio sinala a lúa... o necio sempre mira o dedo !!! https://portaldaspalabras.gal/dicio... Conste que antes da normalización algúns xa comíamos codias !!!

2 Nazon de Breogan

Porque o Consorcio Galego nomea como director en Baños de Molgas a un xestor privado ??? Quen manexa os fios de este proceso sen ter en conta a profesionais do sector público ?? E con que fin ...

1 Valdeorras Nazón

Estou esperando na residencia pola Pontona e os xefes do BNGuay que tanto falan de Galiza

1 NAzona

PontonA, dis. Aínda non pasaches de primeiro de machismo? Bufff

2 Valdeorras Nazón

En cambio ti tes matricula de honor en peloteo á xefa e en cegueira ideolóxica. Eh?