O Apalpador gaña espazos no Nadal galego

Por Galicia Confidencial | O Courel | 24/11/2012 | Actualizada ás 10:20

Comparte esta noticia

O Apalpador, a figura tradicional do Nadal nalgunhas zonas de montaña do país, segue a conquistar novos espazos sociais, neste caso no comercio. Rumboia Xoguetes lanza agora bonecos que reproducen a figura desta personaxe.

Bonecos do Apalpador
Bonecos do Apalpador | Fonte: rumboia xoguetes

O Apalpador -tamén coñecido co nome de Pandigueiro na comarca de Trives- é a figura mítica galega dun bo pastor carboeiro nado no Courel, explica Rumboia. Segundo a tradición, durante todo o ano fabrica carbón e xoguetes coa madeira das árbores das altas montañas e bosques nos que mora.

A noite do 24 ou do 31 de decembro, baixa ós pobos a visitar aos nenos, tócalles o ventre para ollar se comeron o suficiente durante todo o ano e déixalles unha morea de castañas quentes e, ás veces, algúns agasallos de madeira, desexándolles que teñan un bo ano novo cheo de felicidade e comida.

Os xoguetes de Rumboia son dun material similar ao peluche, recubertos de tela, teñen uns 30 centímetros de alto e estanse a distribuír por todo o país.

A recuperación desta figura está acompañada nos últimos anos dun pequeno 'boom comercial', pois ademais de bonecos existen libros, láminas e contos electrónicos sobre o mítico carboeiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

7 Carmen

Tamén se elaboran artesnalmente dende o ano pasado, e é unha boa iniciativa que se fabriquen, para que O Apalpador chegue a tódolos fogares galegos. Aquí vai un enlace onde hai Apalpadores artesanais. https://www.facebook.com/media/set/...

6 federico

Agora seique os reises non son galegos ! mira tí ! Haiche cada un máis snob ! Ben está que recuperen o apalpador (vaia nome, en fin!) nas bisbarras nas que ten tradición, que son poucas e remotas, mais pretender que onde nunca se coñeceu nin é proprio o personaxe a xente o adopte non deixa de ser ridículo. E querermos facer unha especie de Papa Noel nacionalista perigoso pois é meter a política onde non debe estar, no mundo dos cativos.

1 grup

Tes toda a razón, o ano pasado o Apalpador ameazou ó meu fillo por non levar o pixama cas cores de Galicia. Depois fixo un par de pintadas no pasillo chamándonos españois por ter un SEAT no garaxe.

2 Pandigueiro

Home, é que os Reis nom eram galegos: a biblia diz que vinham de Oriente e agora o Papa diz que eram andaluzes... :D . Logo, aplicando a tua teoria, se o Apalpador nom deve sair do Courel, os Reis deviam ficar na Palestina, nom é?? Recomendo visitar igualmente www.apalpador.net ;)

3 melchor

Boa verdade é que sempre hai quen fale... o último, que por querer recuperar a tradición haxa xa un afán político e escuro encuberto...non temos remedio neste país...

5 xoana

Agardo podelos ver nos escaparates e poder mercalo. Fai dous anos habia un único ordenador infantil en galego no andel dun centro comercial. Evidentemente merqueino, moitas amigas queren mercalo e non se atopa. ¿Que fan as empresas para por no mercado productos galegos?, ¿acaso non queren vender?. Este ordenador chamase "IAGO"

4 cohelet

Non será un pederasta¿¡ pregunto...

1 Xaime

O Pandigueiro, ou apalpador, é un personaxe mitolóxico documentado en muitas partes de Galicia e do Norte de Portugal (Pandegueiro). Moi similar a outros doutras partes de Europa relacionados cos rituais populares do solsticio de inverno. Que logo haxa xente que pretenda atacar a sua recuperación con insinuacións estúpidas é algo de agardar.

2 Padre Carbajo

No, cohelet, los pederastas somos todos (o casi) curas españolistas. Que pronto te olvidaste de mis aloumiños!

3 O carboneiro Cohelet

Me parece que eso de insultar - non se pode decir de outro modo - con esa insinuaciación tan burda e xenérica, non é admisible, Padre Carbajo.

4 Padre Carbajo

No te hagas el duro ahora, Cohi, que bien que venías tú a verme a mi despacho sin tener que llamarte yo. Y lo de la bandera española te ponía cachondo, no lo niegues ...

5 PauloRico

É umha pergunta para Xaime: Podes dizer-me a fonte que empregas para asegurar que o Apalpador existe também no norte de portugal? Estou na comissom de história da Gentalha e continuamos investigando. Temos registro em Sarria, Samos, Quiroga, Trives, Courel, Ancares, Vale do Ibias, Berço... e seria espectacular ter gravaçons de Portugal. P.D. Lamento comunicar ao conjunto de tertuliano que o nome Pandigueiro nom existe, nem em Trives nem em lugar nenhum.

3 Irmandinho

Marabilloso! Unha boa nova nestes tempos de asoballamento pepeiro