O Apalpador gaña espazos no Nadal galego

Por Galicia Confidencial | O Courel | 24/11/2012 | Actualizada ás 10:20

Comparte esta noticia

O Apalpador, a figura tradicional do Nadal nalgunhas zonas de montaña do país, segue a conquistar novos espazos sociais, neste caso no comercio. Rumboia Xoguetes lanza agora bonecos que reproducen a figura desta personaxe.

Bonecos do Apalpador
Bonecos do Apalpador | Fonte: rumboia xoguetes

O Apalpador -tamén coñecido co nome de Pandigueiro na comarca de Trives- é a figura mítica galega dun bo pastor carboeiro nado no Courel, explica Rumboia. Segundo a tradición, durante todo o ano fabrica carbón e xoguetes coa madeira das árbores das altas montañas e bosques nos que mora.

A noite do 24 ou do 31 de decembro, baixa ós pobos a visitar aos nenos, tócalles o ventre para ollar se comeron o suficiente durante todo o ano e déixalles unha morea de castañas quentes e, ás veces, algúns agasallos de madeira, desexándolles que teñan un bo ano novo cheo de felicidade e comida.

Os xoguetes de Rumboia son dun material similar ao peluche, recubertos de tela, teñen uns 30 centímetros de alto e estanse a distribuír por todo o país.

A recuperación desta figura está acompañada nos últimos anos dun pequeno 'boom comercial', pois ademais de bonecos existen libros, láminas e contos electrónicos sobre o mítico carboeiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

2 X. Luís

Que boa nova! Agardamos que deas feito para chegar a todos os fogares... Imos ir de visita ao apalpador.com que non sabemos como andas con esta friaxe. Aburiño, Apalpador!

1 GRup

O Apalpador xa leva tres anos vinda á nosa casa. Este ano seguro que volve.

1 UNDENÓS

O nome xa da jrima. E logo resulta que "é moi popular". ¡Manda carallo na Habana!

2 pepo

Esta resposta é bo exemplo de autoodio con complexo de inferioridade.