Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2020 | Actualizada ás 20:35
Un ancián da residencia Porta do Camiño, en Santiago de Compostela, será a primeira persoa que recibirá a vacina contra a covid-19 en Galicia. O Servizo Galego de Saúde (Sergas) arrincará este domingo a campaña cunhas 500 doses que chegarán desde Guadalaxara ao longo da noite.
Tras as primeiras inoculacións, está previsto que o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, fagan unha valoración ao mediodía sobre o arranque da campaña nos exteriores da residencia, concretamente na Praza 8 de Marzo.
O Sergas xa practicou este sábado un simulacro na mesma residencia de maiores para a repartición e a administración das vacinas deste domingo. Esta simulación comezou cunha falsa recepción das doses no almacén para despois trasladalas ao centro Porta do Camiño.
A Delegación do Goberno en Galicia coordina o dispositivo para a chegada das vacinas, que sairán pola noite desde Guadalaxara escoltadas pola Garda Civil co apoio da Policía Nacional. Este último corpo custodiaraas ata a súa entrega á Xunta pola mañá.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.